: : Novas
Resultados
Convocatorias
Calendario
Circulares
Impresos
Inscricións en liña
Regulamentos
: : Multimedia
Fotografías
Historia
: : Interactivo
Foro de usuarios
Estás federado
As tuas fotos
Os teus videos
Descargas
: : Federación
Saúda
Organigrama
Ximnasios
Adestradores
Árbitros
Contacto
Patrocinadores

 

Circular número: 10/10

Destinatario: CLUBES FEDERADOS

Asunto: CURSO DE ACTUALIZACIÓN TÉCNICOS, ÁRBITROS E DEPORT

Volver

VER CIRCULAR

XORNADAS DE ACTUALIZACIÓN PARA

TÉCNICOS, ÁRBITROS E DEPORTISTAS

Nos

últimos anos véñense producindo importantes cambios nos regulamentos, materiais

e incluso contidos da competición de Taekwondo nas modalidades de técnica e

combate. Tamén se introducíu recentemente a competición de Hapkido.  Co

obxectivo de que os membros da Federación Galega de Taekwondo  teñan a

información máis actualizada respecto destes cambios, a FGT convoca a todos os

interesados a participar nas xornadas de actualización na competición de

Taekwondo.

DATA:                   Sábado 17 e domingo 18 de abril de 2010

LUGAR:                                Centro Galego de

Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

HORARIOS:        Sábado de 10.00 a 13.30 e de 16.30 a 18.30

                               Domingo de 10.30 a 13.30

ACTIVIDADES:  

Sábado de 10.00 a

11.45, obradoiro de competición de técnica: criterios de unificación da WTF na

competición de poomsae.

Sábado de 12.00 a

13.30, obradoiro de competición de técnica: novos poomsae de competición.

Sábado de 16.30 a

18.30, obradoiro de competición de combate: adestramento de combate adaptado ó

uso de petos electrónicos.

Domingo de 10.30 a

12.00, reciclaxe de arbitraxe  co petos electrónicos (teoría) -

*

Domingo de 12.00 a

13.30, reciclaxe de arbitraxe (práctica) - *

Domingo de 10.30 a

13.30, curso de hapkido (programa oficial de Cinto Negro) -

*

                              

* ESTAS

DÚAS ACTIVIDADES COINCIDEN EN HORARIO POLO QUE SERÁN OPTATIVAS E DÉBESE INDICAR

NA INSCRICIÓN.

PROFESORADO:

                               D. Choi Jai Goo, director de arbitraxe

da Kukkiwon

D. Lee Dong Kyu, mestre nacional de Taekwondo, 8º Dan

D. Antonio García, director de Hapkido da FGT

D. Miguel Meilán Cabaleiro, director técnico da FGT

D. Jesús Benito Díaz, adestrador do CGTD de Pontevedra

D. Angel Torres Taboada, director deportivo da FGT

                               Dna. María Bautista Maestre, directora

de arbitraxe da FGT

MATERIAL:        

Dobok, ti e zapatillas de taekwondo; material de competición, un pao/mit e 

material de escritorio.

 

INSCRICIONS:

Poderán inscribirse

nas xornadas todo-los afiliados que teñan licenza federativa en vigor.

As follas de inscrición deberán de ter entrada na sede da FGT antes do 13

de abril de 2010.

A cuota de

inscrición é de 20 €uros e inclúe o xantar  de todo-los participantes o sábado

17.

Os árbitros e

adestradores colexiados, así como os membros das selección galegas Terán un 50%

de descontó na cuota das xornadas.

NOTA IMPORTANTE:

As xornadas son de participación recomendada  para árbitros  e

adestradores colexiados que participen ou teñan previsto participar en

actividades estatais coa FGT, así como a aqueles deportistas das modalidades de

técnica e combate membros das selección galega.

A FGT proporcionará a través da súa web información sobre

establecementos hoteleiros de baixo custe para aqueles inscritos que desexen

pernoctar na zona.

É OBRIGATORIA A

ASISTENCIA A ESTE CURSO DE TODO-LOS XUICES PUNTUADORES DE TÉCNIC – GRATUITA.

Asdo. Mercé Barrientos Varela.- Presidenta FGT.

 

   

© 2006. Todos os Dereitos Reservados. Federación Galega de Tae Kwon Do.
Complexo deportivo de Elviña. - Código postal: 15008. A Coruña.
Teléfono: (+34) 981.130.487 | Fax: (+34) 981.134.996
web oficial: www.taekwondogalego.com | e-mail xeral: info@taekwondogalego.com
Desenvolvemento web: www.infoeclipse.com | Soporte web: soporte@infoeclipse.com

A FGT non se fai responsable das opinións verquidas neste sitio web polos usuarios do mesmo.
Todo o material publicado neste sitio web é propiedade intelectual da FGT agás o publicado polos propios usuarios.