|
A Coruña, 24 de febreiro de 2010. A Federación
Galega de Taekwondo celebrará este sábado 27 de febreiro en Vigo (Centro Social
Caixanova) a gala de entrega dos premios 2009, na que se fará un repaso aos
éxitos das e dos deportistas galegos no ano recén rematado.
Sen dúbida algunha, o 2009 foi un ano moi positivo
para o taekwondo galego no aspecto deportivo, tal e como amosan os resultados: A
selección galega absoluta é a vixente campioa de España por equipos e da Copa do
Rei; a selección galega sub 21 acadou o título de campioa de España por equipos
e a selección galega de exhibición é a vixente campioa de España tanto na
categoría infantil como en adultos. Pero ademais, a nivel individual a
Federación tivo representantes no podio en todas as competicións internacionais
oficiais celebradas durante o ano 2009 (Universiada, Campionato do Mundo,
Campionato de Europa sub 21...). E tampouco pode esquecerse que este ano a
Federación Galega de Taekwondo organizou tres campionatos de España e un de
Europa, nos que puido amosar a súa capacidade organizativa. En resumo, un
magnífico ano que será repasado na gala que este ano terá lugar en Vigo, na sede
dun dos patrocinadores da Federación, o Centro Social Caixanova.
Haberá premios para clubs, deportistas, xuíces,
entidades privadas, administracións... Son moitos os que colaboraron no
crecemento do taekwondo galego e por iso a Federación Galega tamén entregará
mencións honoríficas a persoas ou entidades que traballaron a prol do noso
deporte.
Entre os premiados, atópase Estefanía Hernández (mellor
deportista feminina de combate) que este ano se proclamou campioa galega e de
España, campioa de España universitaria e campioa da Universiada en Belgrado,
para pechar a tempada cun bronce no Mundial de Copenhague. Na categoría
masculina, o mellor deportista de combate é Raúl Bouzas, campión galego e de
España sub 21, subcampión de España absoluto e campión de Europa sub 21. En
técnica, os premiados son David Meilán e Nerea Alamancos, e na categoría promesa
os deportistas homenaxeados son Óscar Peón e Sandra Bouzas.
O Natural Sport de Ribeira foi elixido mellor club
de Galicia e méritos ten sobrados para iso: gañador do campionato de España de
clubs, conta nas súas filas con grandes deportistas que están acadando
magníficos resultados tanto a nivel estatal, europeo coma mundial, pola
organización de grandes eventos... Magnífico o traballo do Natural, que foi
recompensado polo xurado.
No ano 2009 foi elixido mellor técnico deportivo
José Loren, pola labor desenvolvida a prol do taekwondo galego na formación
tanto de deportistas como de xuíces e árbitros, mentres que Esperanza Meilán é a
mellor xuíza de técnica e Francisco Agrelo, o mellor árbitro de combate. Nesta
gala, a Federación Galega de Taekwondo tamén premiará aos seus dous
patrocinadores privados, Caixanova e Pescanova, xa que sen a súa colaboración
sería imposible acadar estes resultados.
Son moitas as categorías premiadas nesta gala do
taekwondo galego, na que se celebrarán os éxitos acadados e xa se falarán de
novos retos cara ao futuro (seguir mellorando a formación de técnicos, xuíces e
árbitros, aumentar o número de licenzas e a implantación do taekwondo, repetir
ou mellorar os éxitos deportivos...).
|
Categoría |
Premiado |
|
Mellor club da provincia de Pontevedra |
TAO DE VIGO |
|
Mellor club da provincia de Lugo |
NEKA DE MONFORTE |
|
Mellor club da provincia de Ourense |
COUTO DE OURENSE |
|
Mellor club da provincia da Coruña |
NATURAL DE SADA |
|
Mellor club de base |
GARRAPUCHO DA CORUÑA |
|
Club máis colaborador |
MACE SPORT DE PONTEVEDRA |
|
Mellor club de Galicia |
NATURAL SPORT DE RIBEIRA |
|
Mellor deportista masculino de técnica |
DAVID MEILÁN |
|
Mellor deportista femenina de técnica |
NEREA ALAMANCOS |
|
Mellor deportista masculino de combate |
RAÚL BOUZAS |
|
Mellor deportista feminina de combate |
ESTEFANÍA HERNÁNDEZ |
|
Mellor deportista masculino promesa |
ÓSCAR PEÓN |
|
Mellor deportista feminina promesa |
SÁNDRA BOUZAS |
|
Mellor técnico deportivo |
JOSÉ LOREN |
|
Mellor xuíz puntuador de técnica |
ESPERANZA MEILÁN |
|
Mellor árbitro de combate |
FRANCISCO AGRELO |
|
Premio ao xogo limpo |
FRANCISCO PENÍN |
|
JOSÉ RAMÓN LOUZAO |
|
Medio de comunicación audiovisual |
TVG |
|
Medio de comunicación escrito |
LA VOZ DE GALICIA |
|
Entidade privada |
PESCANOVA |
|
CAIXANOVA |
|
Entidade pública |
FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO |
|
Concello |
CONCELLO DE VIGO |
|
Deputación |
DEPUTACIÓN DE OURENSE |
|